Friday 03 de May de 2024

Os concertos de cámara da Escola Municipal de Música trasládanse á Fábrica


Finalmente, debido á previsión meteorolóxica, as distintas agrupacións de cámara da Escola Municipal de Música e da Escola municipal de Teatro actuarán mañá venres 9 de xuño, desde as 18:00 horas, na Fábrica, en Perillo. Serán espectáculos gratuítos e abertos a toda a cidadanía, que se desenvolverán en distintos puntos deste espazo público.